O estraño caso do señor Hyde

0
246

O guionista Albert Torres (Henry Poole Is Here, Akira) será o encargado de re-escribir o libreto que adapte ao cinema The Strange Case of Hyde, a novela gráfica de 2011 orixinal de Cole Haddon e M.S. Corley para a Dark Horse Entertainment, a Skydance Productions e mais a Mark Gordon Company.

A história é unha pseudo secuela do clásico libro de Robert Louis Stevenson e está ambientada cinco anos mais tarde daqueles acontecementos, cando o Dr. Jekyll sae da prisión aparentemente rehabilitado.

O inspector Thomas Adye de Scotland Yard encarga a Jekyll que persiga a un novo monstro que está a aterrorizar a cidade asasinando prostitutas, e que semella ser unha versión ainda mais espantosa do infame soro que o transformaba no señor Hyde. Ademais, e para engadir mais problemas, seica o doutor Jekyll tampouco está totalmente curado da súa enfermidade.