A Oitava Marabilla

0
221

Nicole KidmanA Twentieth Century Fox ven de se facer con The Eighth Wonder (A Oitava Marabilla), un filme de acción e aventuras que protagonizará e producirá Nicole Kidman cun guión de Simon Kinberg.

Os detalles do argumento ainda son un segredo, pero seica a história vai sobre un descobremento arqueolóxico que provocará o nacemento dunha nova raza que se expende polo mundo. E até aí podemos contar.

Kidman e Kinberg xa traballaran xuntos en Mr. & Mrs. Smith, que escribiu o guionista e protagonizou a actriz. O guión para The Eighth Wonder aínda escomezará a se escribir este outono.