Xa hai guionistas para Star Wars 8 e 9

0
209

Nun movemento que semella amosar que teñen as cousas moi claras para os vindeiros anos, a Walt Disney Pictures e mais a Lucasfilm veñen de anunciar quen serán os guionistas das entregas oitava e novena da saga da Guerra das Galáxias.

Hai uns días anunciára-se que o encargado de Star Wars: Episode VII sería Michael Arndt, un escritor consagrado en Hollywood, pero sen moita experiéncia no eido da ciéncia-ficción. Pois ben, tanto a Disney coma a Lucasfilm queren contar con Lawrence Kasdan e mais Simon Kinberg para que comecen xa a traballar nas seguintes entregas da saga que foi deseñada por George Lucas.

Kasdan xa traballou nos guións de dúas das películas da triloxía orixinal da Guerra das Galáxias, concretamente en The Empire Strikes Back e en Return of the Jedi, e ademais escribiu o guión de Raiders of the Lost Ark. Pola súa banda, os créditos de Kinberg inclúen filmes tan salientábeis coma coma X-Men: First Class, Sherlock Holmes e mais a vindeira X-Men: Days of Future Past.

Ademais, e coa ideia de se asegurar a súa participación, ambos serían non só guionistas senón coprodutores.