A BBC decediu non continuar adiante coa súa série fantástica Merlin. O programa, que vai sobre un xoven rei Artur (Bradley James) e mais o seu servente e meigo Merlin (Colin Morgan), está nestes intres a dous terzos da súa quinta e definitiva tempada, cuns rátios de audiéncia por riba dos sete millóns de espectadores tan só en Inglaterra.
Os co-creadores Johnny Capps e Julian Murphy xa anunciaran hai tempo que a série ía chegar ao seu final axiña “cun remate natural e dramático“. A parella de todos os xeitos non ten intención de permitir que a franquía desapareza, porque xa están a considerar as opcións de facer unha película e mesmo unha saga delas.
Así, Capps dixo: “Agardamos poder facer unha triloxía, tres filmes. Enfocarémo-nos neles cando remate a quinta tempada. Unha ideia coa que levo xogando algún tempo é reiniciar a série, iríamos atrás no tempo e comezaríamos a história de novo amosando partes distintas que non se miraron na tele. A outra ideia é unha continuación, pero ainda non-o decidimos“.