O realizador Zack Snyder ainda non quere revelar se o seu vindeiro relanzamento de Superman en Man Of Steel terá algunha referéncia ou estará alomenos encadrado dentro do universo da Liga da Xustiza, o outro filme que a Warners ten xa en desenvolvemento.
Nunha recente entrevista, Snyder dixo: “non sei como se vai manexar o tema da Liga da Xustiza. Sinceramente, non-o sei. Pero Man of Steel existe, e Superman está nela. Non sei como podedes seguir adiante sen recoñecer iso“.
Cando lle preguntaron se houbo xa algunha proposta para vencellar Man of Steel con Justice League, Snyder contestou: “Como podo responder a iso? Realmente non podo dicir ren, porque sería un gran spoiler. Direi que si, que confían en min para manter o rumbo“.
E respeito a unha secuela de Man of Steel, o director confesou que idearon o filme coma unha película aillada, pero que hai moitos xeitos de facilitar mais aventuras para o persoaxe.