Os Misfits prepáran-se para o cinema

673

Howard Overman, o creador da série inglesa de ciéncia-ficción Misfits, dixo que está xa a traballar nunha versión para o cinema do seu exitoso programa.

A série vai sobre un grupo de cinco rapaces xóvenes delincuentes que están a cumprir a súa condena traballando nun centro comunitário cando son atrapados dentro dunha estraña tormenta que lles fornece con superpoderes.

Ainda que as dúas primeiras tempadas contaron coa aceptación da crítica e do público, a marcha do linguarán Nathan, o persoaxe interpretado por Robert Sheehan, fixo que os fans fosen abandoando a série cada vez mais e a série nunca se puido recuperar.

Posteriormente, outros actores foron tamén abandoando e de todos os actores orixinais xa non fica ningún nesta actual cuarta tempada.

Algúns dos vellos membros do reparto poderían regresar para facer o filme, e así xa se fala de Simon e Alisha, a parella interpretada por Iwan Rheon e Antonia Thomas: “mirárades ou non o final de Simon e Alisha, se a nosa película sae adiante, é outro tema“, dixo Overman.

Pola súa banda, nos Estados Unidos xa están a preparar a versión americana desta série, que escomezará a se producir o ano que ven.