J. Blakeson dirixirá o filme Wool

750

A 20th Century Fox está a negociar con J. Blakeson, o director de The Disappearance of Alice Creed, para que se encargue da longametraxe antolóxica de ciéncia-ficción Wool.

A novela orixinal na que se basea o filme foi autopublicada polo seu autor Hugh Howey e está composta á súa vez por cinco noveliñas que teñen coma vencello unha cidade subterránea que garda os restos da humanidade nunha Terra postapocalíptica.

Ridley Scott e mais Steve Zaillian serán os produtores.