Os realizadores de Safety Not Guaranteed, Colin Trevorrow e Derek Connolly, veñen de chegar a bordo para reescribir o guión do remake do clásico filme de culto familiar de ciéncia-ficción Flight of the Navigator que producen a Disney Pictures e mais a Mandeville Films.
Randal Kleiser dirixiu o filme orixinal que ía sobre un rapaz de doce anos que desaparece e logo oito anos despois regresa pero sen envellecer nin un só día. mentres, ao mesmo tempo, unha nave espacial extra-terrestre estréla-se nas proximidades, o cal pdoería explicar a desaparición do neno.
Brad Copeland (Arrested Development) fora contratado para escribir o primeiro esbozo do guión aló por maio de 2009. Agora Trevorrow e Connolly ocuparán-se de reescribi-lo e se cadra o mesmo Trevorrow podería encargar-se da dirección.
David Hoberman e Todd Lieberman serán os produtores.