A Syfy quere regresar ao Waterworld

0
217

A canle de pago Syfy está a considerar unha posíbel continuación para unha película cuxo fracaso nos despachos de billetes foi un dos mais famosos de todos os tempos: o filme protagonizado e producido en 1995 por Kevin Costner Waterworld.

O presidente da Syfy, Dave Howe, dixo que o filme é un exemplo de propiedade intelectual pouco explotado, e que podería atraer a moita xente (de feito, a última vez que foi emitido na tele reuniu a mais de 400.000 espectadores nos Estados Unidos).

O que non están a considerar é unha secuela, senón unha série inspirada polo universo do filme, algo do que se leva a falar dende hai moito tempo e que ainda é unha posibilidade.