Mathieu dirixe a história da túa vida

0
189

A FilmNation Entertainment e mais a Lava Bear Films unirán-se para financiar, produxir e distribuir o thriller Story of Your Life, unha fita de ciéncia-ficción que dirixirá Nic Mathieu.

Baseada nun conto gañador de diversos prémios escrito por Ted Chiang, a história vai sobre como os áliens aterrizan por todo o planeta e de como o governo recruta a un lingüista para tentar descrifrar o mais axiña posíbel as mensaxes e mais as intencións dos extra-terrestres.

Eric Heisserer (The Thing, A Nightmare on Elm Street) está a escribir o guión, mentres que Shawn Levy, Dan Levine, Aaron Ryder e Karen Lunder serán os produtores. A rodaxe escomezará xa o ano que ven.