A pantasma ciumenta

1412

Gonzalo López-GallegoA actriz Kirsten Dunst protagonizará a producirá A Jealous Ghost, un filme que dirixirá o realizador español Gonzalo López-Gallego para a Paramount Vantage.

Megan Holley adaptou o guión a partir dunha novela de A.N. Wilson pero ainda quere dar-lle outra pasada ao libreto antes de o presentar á Vantage e asemade evitar que o proxecto non reciba a luz verde de escomezo de produción.

A novela de Wilson, que foi publicada en 2005, vai sobre unha rapaza americana que viaxa a Londres para escribir un ensáio sobre a clásica novela de pantasmas de Henry James Outra volta de rosca, e alí atopará que as súas propias circunstáncias comezan a reflectir os estraños acontecementos da novela.

Lopez-Gallego é un director pouco recoñecido en España, onde por se adicar ao xénero de terror non puido nin tan sequera acadar que a súa película King of the Hill, que el mesmo escribiu e dirixiu, puidese ser estreada nas salas de cinema e leva case un ano dando voltas polo circuito de festivais, gañando prémio tras prémio e mais o recoñecemento da crítica.