Candidatos a seren os Gardiáns da Galáxia

0
270

Xa escomezou o cásting para a película sobre o mais estraño dos grupos de superheroes da Marvel, o filme de James Gunn Guardians Of The Galaxy.

Segundo os rumores que están a fomentar os representantes dos actores, na lista de candidatos destaca o que será o papel principal de Star-Lord (álias Peter Quill), un policía interplanetário e líder dos Gardiáns que naceu dunha nai humana e un pai álien.

Así, para o devandito papel están a manter conversas con Joel Edgerton (Warrior), Jack Huston (Boardwalk Empire), Jim Sturgess (Cloud Atlas), Lee Pace (The Hobbit: An Unexpected Journey) e Eddie Redmayne (Les Miserables).

Tamén seica hai interese ao redor doutros nomes coma os de Garrett Hedlund (Tron: Legacy), James Marsden (X-Men) e Sullivan Stapleton (Strike Back).

Polo de agora non se sabe moito mais sobre os outros protagonistas, pero segundo os debuxos aparecidos no mes de xullo os persoaxes a cubrir serían Drax o Destrutor, Groot, Rocket Raccoon e Gamora.