Hugh Jackman regresa á Patrulla X

0
230

Bryan Singer está a reunir de novo a súa banda. A princípios desta semana chegaran as novas de que Patrick Stewart e Ian McKellen ían repetir os seus papéis de Profesor Charles Xavier e Magneto na vindeira X-Men: Days of Future Past. Agora, fontes internas confirman que Hugh Jackman está a negociar o seu regreso ao papel de Lobeto.

Esta secuela de X-Men: First Class enfocaría-se principalmente nas encarnacións xóvenes dos persoaxes, interpretados por James McAvoy, Michael Fassbender e Jennifer Lawrence. Nombergantes, hai moitos actores da triloxía orixinal da Patrulla X que terán a súa oportunidade de intervir nesta longametraxe.

A história orixinal na que está baseado este filme apareceu en 1981 no cómic Uncanny X-Men e está ambientada parcialmente nun futuro alternativo. Nel, os mutantes que sobreviviron están encerrados en campos de concentración vixiados por robots xigantes chamados Sentinelas. Nos nosos días, os xóvenes X-Men deberán deter un feito clave que é o causante de que ese futuro chegue a ser verdade.

Os filmes de Matthew Vaughn X-Men: First Class e mais o de Bryan Singer X2 están considerados pola crítica coma os millores da série até agora, mentres que os fans dos cómcis discuten se X-Men: First Class debe considerar-se unha precuela ou un relanzamento xa que contén elementos de ambos.

Jackman xa apareceu nun breve cameo en X-Men: First Class pero desta volta agárda-se qu eteña un papel mais protagonista.