A co-guionista de Wreck-It Ralph, Jennifer Lee, unirá-se ao director de Tarzan e Surf’s Up Chris Buck coma codirectora da vindeira película da Disney Animation, a longametraxe en 3D con debuxos animados xerados por computador Frozen.
A história, unha adaptación do clásico conto de fadas Snedronningen (A raíña do xelo) de Hans Christian Andersen, vai sobre Anna (Kristen Bell) que é enmeigada pola súa irmá, a malvada raíña do xelo Elsa (Idina Menzel). A única esperanza de Ana para rachar o meigallo será sobrevivir a unha viaxe moi arriscada polo xelo.
Na súa viaxe atopa a Kristoff, un duro explorador, ao seu reno dun só corno e mais ao desventurado boneco de neve. Xuntos loitarán contra o tempo, contra a natureza e contra o sinistro exército da raíña que quere conxelar os seus corazóns para sempre.
Peter Del Vecho é o produtor, mentres que os compositores de Broadway Robert Lopez (The Book of Mormon) e Kristen Anderson-Lopez (In Transit) están a crear canzóns orixinais para este proxecto.