A BBC levará a Jonathan Strange á tele

0
183

A canle inglesa BBC1 ven de encargar tres novas séries para 2013, unha das cales é unha ambiciosa minisérie de seis episódios baseada na aclamada novela fantástica de Susanna Clarke Jonathan Strange And Mr Norrell publicada en 2004.

Ambientada nunha Inglaterra aternativa durante as guerras napoleónicas, a história vai sobre un meigo e mais o seu aprendiz quen usan os seus poderes para axudar ao governo pero que finalmente son obrigados a loitar o ún contra o outro.

Peter Harness (Wallander) está a adaptar o guión, que producirán a Cuba Pictures, a Feel Film e mais a Farmoor. Toby Haynes (Sherlock: The Reichenbach Fall) será o director.

A New Line xa intentara levar ao cinema esta franquía aló polo 2005, pero sen éxito.