Onah dirixe a partícula de deus

0
193

O director de curtametraxes Julius Onah (Big Man, Little Girl Blue) será o encargado de levar á pantalla grande o thriller de ciéncia-ficción de baixo orzamento God Particle para a Paramount InSurge e mais a Bad Robot.

A história vai sobre a tripulación dunha estación espacial americana que fica abandoada no espazo após de que o acelerador de hadróns cause que a Terra enteria desapareza.

Oren Uziel escribiu o guión e J.J. Abrams producirá este proxecto, que conta cun orzamento de entre 5 e 10 millóns de dólares.