O director español Juan Carlos Fresnadillo (28 Weeks Later) ven de abandoar o proxecto do relanzamento da franquía de Highlander pola Summit Entertainment.
A saída segundo contan foi amigábel e causada por diferenzas creativas após de que Fresnadillo axudara a desenvolver o proxecto coa Summit ao longo deste último ano. Art Marcum e mais Matt Holloway escribiron o guión, que contou cunha revisión final a cargo de Noah Oppenheim.
Ryan Reynolds continúa polo de agora vencellado ao papel protagonista, ainda que seica nesta ocasión o argumento non terá moito que ver co do filme orixinal e non estar’aambientado nunha antiga tribo escocesa.
Neal H. Mortiz, Peter Davis, Enrique López Lavigne e Belén Atienza son os produtores.