Este verán pasarémo-lo baixo a cúpula

0
268

A CBS ven de ordear unha adaptación á pequena pantalla da novela supervendas de 2009 de Stephen King Under the dome, que chegará á tele no verán de 2013.

A história vai sobre o drama que se desencadea cada un camp ode forza invisíbel encerra a unha pequena vila de vacacións de Maine. mentres os seus habitantes loitan por sobrevivir, a vila cae présa de faccións lideradas por uns persoaxes enigmáticos.

A CBS Television Studios e mais a Amblin Television adaptarán a série na que King, Neal Baer, Justin Falvey, Darryl Frank, Stacey Snider e Brian K. Vaughan serán os produtores executivos. O director sueco Niels Arden Oplev (The Girl With the Dragon Tattoo) encargará-se do primeiro episódio.

A Dreamworks estaba até agora atrás deste proxecto, que quixo levar á televisión de pago Showtime en 2009, pero finalmente non puido saír adiante. Agora, a CBS lanzará a série en multiplataforma, poñendo cada episódios á disposición dos espectadores pouco despois de que sexa emitido orixinalmente na tele.