En marcha o novo Terminator da Skydance

0
214

Hai cousa de ano e médio a Annapura Pictures de Megan Ellison fíxo-se cos dereitos sobre a franquía de Terminator e anunciou os seus plans para lanzar unha série de novos filmes. Agora, após de pechar un difícil acordo coa Pacificorp, ven de recrutar ao seu irmán David Ellison coma parceiro creativo e financeiro para o filme.

Ellison non é a propietária da Annapura, senón tamén da Skydance Productions, a produtora responsábel de Mission: Impossible – Ghost ProtocolJack Reacher e de moitos filmes de alto orzamento da Paramount para 2013 coma Star Trek Into Darkness, World War Z ou G.I. Joe: Retaliation.

Polo de agora non hai ningún estudo que se vaia facer cargo da rodaxe dos novos filmes de Terminator, e nin tan sequera a Paramount, coa que a Skydance ten acordos asinados, semella interesada. En todo caso, calquera posíbel nova longametraxe sería coproducida pola Annapurna e mais a Skydance.

Nestes intres están a escomezar dende cero o proxecto e queren atopar a un guionista. O reloxo xa está a correr na súa contra, porque os dereitos regresarán ao seu creador, James Cameron, en 2019.