Foxx e DeHaan entran en Spiderman 2

974

O director de The Amazing Spider-Man, Marc Webb, anunciou hoxe na súa conta do Twitter que o actor de Chronicle Dane DeHaan será o encargado de facer o papel de Harry Osborn na vindeira secuela da popular franquía do home araña. DeHaan fora xa mencionado o mes pasado coma ún dos principais candidatos a se facer co posto.

E mentres tanto, Jamie Foxx concedeu unha entrevista na que confirmou que el será o intérprete do supervilán Electro no mesmo filme. Foxx dixo: “Electro é un grande persoaxe. Tiven unha xuntanza co director, Mark Webb, con Andrew Garfield, e falamos. Coido que Electro será un persoaxe emocionante de interpretar porque é un tipo de persoa que é un xénio da electricidade, e sempre ten a tixola polo mango“.