Haberá secuela de Pacific Rim

0
212

A Legendary Pictures quere escomezar a traballar canto antes nunha secuela do vindeiro filme de Guillermo del Toro, a película de ciéncia-ficción con monstros e robots xigantes Pacific Rim.

A história do primeiro filme vai sobre unha forza defensiva composta por mechas (robots xigantes pilotados por humanos), que loitan para salvar á humanidade de enormes monstros que nos invaden procedentes doutras dimensións.

Travis Beacham escribiu o guión inicial que a Legendary mercou en 2010. Del Toro ficou vencellado á produción axiña, xusto despois de que o seu proxecto de Nas montañas da loucura fracasase.

Del Toro supervisará tamén o guión da secuela, ainda que nestes intres non está claro que el vaia ser o director dunha futura segunda parte.