Johnson no Mundo do Mañá

0
198

Dwayne JohnsonA Walt Disney Co. está a desenvolver un novo filme de acción e aventuras ambientado no espazo e que protagonizará Dwayne Johnson, supostamente inspirado pola sección “O Mundo do Mañá” do seu parque temático de Disneylándia.

Os guionistas Jon Lucas e Scott Moore escribirán un primeiro esbozo do libreto para esta longametraxe, que se rodará coma vehículo para o relanzamento de Johnson, o mesmo actor que protagonizou para os mesmos estudos filmes que non acadaron ningún éxito coma The Game Plan e Race to Witch Mountain. A primeira delas foi un filme “familiar” que non estusiasmou a ninguén e a segunda está por se estrear.

A Disney negou nombergantes que o seu novo filme se vaia titular Tomorrowland ou que estea adicado á terra futurista do seu parque temático, onde hai atraccións coma a Montaña Espacial. Os estudos só dixeron que o proxecto neceu a partir dun guión totalmente orixinal.