A Warners e mais a Paramount estiveron preto, pero agora xa é oficial que a New Regency será xunto á Ubisoft Motion Pictures a encargada de producir o filme que levará ás pantallas grandes a popular série de videoxogos Tom Clancy’s Splinter Cell.
Os seis xogos da série van sobre un grupo especial de operacións secretas e venderon conxuntamente mais de 23 millóns de cópias en todo o mundo nos últimos dez anos. A Ubisoft estará moi vencellada á produción e participará activamente no control do filme para que os seus persoaxes non se diferéncien moito dos do xogo.
O CEO da Ubisoft Motion Pictures, Jean-Julien Baronnet, comentou que co actor Tom Hardy e mais o guionista Eric Warren contratados, a Ubisoft liderará o desenvolvemento do filme co apoio da New Regency.
Este é o segundo acordo entre a Ubisoft e mais a New Regency para adaptar ao cinema algunha das súas franquías dos videoxogos. Hai un par de meses decediron realizar conxuntamente unha versión para o cinema da saga Assassin’s Creed con Michael Fassbender coma protagonista e produtor.