Unha invasión álien no Horizonte

0
212

A guionista e produtora executiva de The Walking Dead, Gale Anne Hurd, ven de anunciar que ela será a encargada de producir Horizon, a nova série da canle USA Network creada por Bridget Tyler.

A série vai sobre unha muller que descubre que o seu home puido ser asasinado polos áliens durante unha misión no pacífico Sul na Segunda Guerra Mundial. Ela será ao cabo a única persoa que fique entre a Terra e unha futura invasión procedente do espazo exterior.

A canle USA Network, que xa acadou un salientábel éxito con este xénero grazas á série The 4400, non escomezará co cásting de contado para non interferir coa gravación do episódio piloto, que se está a facer a toda presa.