A Disney Pictures está a dar os primeiros pasos para facer unha secuela do filme de Tim Burton de 2010 Alice in Wonderland.
Mália que a crítica tachou case por unanimidade aquel filme coma o pior da carreira de Burton, por non mencionar que só foi exhibida nun número moi limitado de cinemas, a Disney recadou uns abraiantes 1.00 millóns de dólares en todo o mundo grazas a esta fita, que contou cun orzamento de 150 millóns.
Esa cifra sitúa a Alice in Wonderland coma o 12º filme con maior recadación de todos os tempos, xusto entre Star Wars Episode I: The Phantom Menace e The Dark Knight. E en 2010 foi o segundo filme con mais recadación tan só por trás de Toy Story 3, tamén da Disney.
A guionista Linda Woolverton foi encargada para escribir a continuación da história mentres ca Joe Roth, Suzanne Todd e Jennifer Todd regresarán coma produtores.
Polo de agora non se sabe se algún dos membros do reparto orixinal volverán a se poñer ás ordes de Burton, ou se el mesmo será o encargado de se sentar outra vez na cadeira de director.