O Santo regresa á tele

0
262

Ainda que a princípios deste ano houbo novas que indicaban que a RKO Pictures quería revivir a propriedade nunha triloxía de filmes, seica a franquía de O Santo regresará no seu formato mais habitual: a televisión.

Adam Rayner (Hunted, Hawthorne) e Eliza Dushku (Buffy Cazavampiros, Dollhouse) serán os protagonistas do episódio piloto dunha nova série baseada na saga literária orixinal de Leslie Charteris. Os libros ían sobre Simon Templar (Rayner), un ladrón que se ve a si mesmo coma un moderno Robin Hood que so rouba a outros crimináis, políticos corruptos, traficantes de armas, escravistas, etc.

A propriedade foi adaptada xa moitas veces, pero a mais famosa segue a ser a dos anos 60 na televisión inglesa con Roger Moore coma protagonista. Phil Noyce dirixiu unha adaptación ao cinema en 1997 protagonizada por Val Kilmer e Elisabeth Shue, mentres que Ian Ogilvy e Simon Dutton representaron ao persoaxe nos anos 70 e 80 respectivamente. Mesmo o mítico Vincent Price lle puxo a súa voz ao Santo nunha série da rádio.

Dushku será a namorada do Santo, Patricia Holm, que aparecía nos libros pero non na série dos anos 60. O mesmo Roger Moore co-producirá esta nova série e Simon West (The Mechanic, The Expendables 2) dirixirá o episódio piloto a partir dun guión de Jesse Alexander.