25. May 2023
Aínda que Arnold Schwarzenegger revelou a pasada semana que non regresará á saga de Terminator, o seu creador, James Cameron, non é da mesma opinión. Nunha rolda de prensa en Las Vegas onte, Cameron dixo que leva tres meses escribindo unha nova película de Terminator, pero que quere ver como remata o tema da intelixéncia artificial antes de continuar. En decembro do ano pasado o director xa mencionara que non desbotaba a ideia dun posíbel reinício da franquía.
05. May 2023
A presidenta da Lucasfilm, Kathleen Kennedy, dixo onte que non ten intención de repetir os erros de finais dos anos 10, cando as películas da saga de Star Wars tiñan unha data de estrea prefixada. Agora queren adoptar unha estratéxia semellante á de James Bond: "Adoito menciono a Bond. Iso é cada tres ou catro anos, e non había esa presión de sentir que tiñas que ter unha película cada ano. Coido que iso foi moi importante para Star Wars. Temos que igualar isto. É moito mellor dicir a verdade, que imos facer estas películas cando estean listas para se facer, e estrea-las cando estean listas para se estrearen".
05. May 2023
Após de que o ano pasado a Lionsgate deixara caer a posibilidade dun relanzamento da franquía de The Blair Witch Project, agora seica o realizador inglés Oliver Park (The Offering, Strange Events) ven de ser contratado para dirixir unha secuela da popular saga de terror. O proxecto incluiría unha rodaxe a finais de verán e a participación da compañía produtora orixinal, a Haxan Films, con Daniel Myrick e Eduardo Sánchez regresando coma produtores.