Início Autores Novas de Deborah Sheldon

Deborah Sheldon

Deborah Sheldon
1 NOVAS 0 Comentários
Deborah Sheldon é unha escritora premiada de Melbourne, Austrália. Escribe contos, novelas e novelas curtas no espectro más escuro do terror, o crime e o cinema negro. Entre os seus títulos nominados a prémios atópan-se as novelas "Body Farm Z", "Contrition" e "Devil Dragon"; a novela "Thylacines" e mais a escolma "Figments and Fragments: Dark Stories". A súa colección "Perfect Little Stitches and Other Stories" gañou o prémio Shadows de Austrália á mellor escolma, foi preseleccionada para o prémio Aurealis e foi seleccionada para o Bram Stoker. Gañou o prémio á mellor obra editada de Australian Shadows en dúas ocasións: coma editora de "Midnight Echo 14" e pola antoloxía que concibiu e editou "Spawn: Weird Horror Tales About Pregnancy, Birth and Babies". Os contos de Deb apareceron en moitas revistas de prestíxio, coma Aurealis, Midnight Echo, Andromeda Spaceways, Island, Quadrant, AntipodeanSF e Dimension6, e foi nominada a vários prémios e incluída en antoloxías coma "Year's Best Hardcore Horror". Tamén escribiu artigos en revistas australianas e internacionais, libros de non ficción (Reed Books, Random House), guións de televisión coma NEIGHBOURS, obras de teatro e textos médicos premiados.