13. Jan 2025Hai cousa dun ano se soubo que Drew Goddard (o guionista de The Martian) debutaría coma director ao cargo dunha nova entrega da franquía de The Matrix, a primeira sen ningunha das irmás Wachowski ao temón. Agora xurde o rumor de que a cantante e actriz Ariana Grande podería ter un papel protagonista no devandito filme. Após do seu éxito co musical Wicked, Grande daría deste xeito o chimpo ao cinema de acción e ciéncia-ficción, seguindo os pasos de Jennifer López.
13. Jan 2025O éxito de 2020 da Netflix The Old Guard sobre unha equipa de mercenários inmortais prometeu unha secuela, que de feito se rodou en 2022 coa protagonista orixinal (Charlize Theron) e mais Uma Thurman. Con todo, o filme aínda non foi estreado e non hai datas fixadas na grella. Aínda que moitos atrasos poden deber-se ás folgas e mais á pandémia, seica a Netflix non está totalmente satisfeita cos resultados e ten previsto volver a rodar novas escenas este verán. O orzamento mentres tanto xa se disparou por riba dos 140 millóns de dólares.
09. Jan 2025Seica a Marvel Studios está a considerar a posibilidade de lle dar o papel de T’Challa a un novo actor para a terceira entrega de Black Panther. Chadwick Boseman interpretou ao superheroe até a súa morte hai cinco anos, polo que o guión do segundo filme xa foi modificado drasticamente, pasando o facho a Shuri (Letitia Wright). Agora, coa chegada do Multiverso, a opción dun novo T’Challa cobra forza. En todo caso, a terceira parte aínda non entrou en produción nin ten datas de comezo fixadas.