Início Autores Novas de Jean-Louis Trudel

Jean-Louis Trudel

Jean-Louis Trudel
1 NOVAS 0 Comentários
Jean-Louis Trudel (1967) é un escritor de ciéncia-ficción e fantasía nado en Toronto, Canadá. Actualmente reside en Montréal, Québec, onde é profesor na Universidade de Ottawa. Escribe principalmente en francés, pero é autor de contos tamén en inglés. Colaborador habitual da revista Solaris, é un salientábel crítico de ciéncia-ficción e historiador. Entre os galardóns que ten recibido ao longo da súa carreira están o "Grand Prix de la Science-Fiction et du Fantastique québécois"en 2001 e vários prémios Aurora.