1 NOVAS
Jeremy Szal naceu en 1995 e foi criado por dingos salvaxes, o que debe explicar moito. Escribe ciéncia-ficción sombriza, orientada para as persoaxes e de natureza moralmente cincenta. A súa série principal é a Triloxia Común, que inclue STORMBLOOD, BLINDSPACE e WOLFSKIN. A súa escolma de contos BROKEN STARS aparecerá o 1 de novembro de 2024.
Jeremy publicou mais de cincuenta contos, que foron traducidos para o galego, alemán, polaco, chinés, búlgaro, español e francês. Foi editor da StarShipSofa, vencedora dun Hugo, até 2020, onde foi editor e produtor áudio de autores como George R. R. Martin, Harlan Ellison e William Gibson. Ten unha licenciatura en Estudos Cinematográficos e Escrita Creativa da UNSW e fala inglês, alemán e xaponês. Vive en Sydney, na Austrália, coa súa família. Adora ver filmes estraños, coleccionar xenebras de marca, explorar cidades, o tempo frío e o humor negro.