4 NOVAS
Louis Evans é autor de ficción especulativa.
Escribe ciéncia-ficción e fantasía, xunto con ensáios de non-ficción sobre política, cultura nerd e, especialmente, a súa intersección. A súa ficción apareceu en Analog SF&F, Interzone, Escape Pod, e en moitos outros lugares. No seu abundante tempo de lecer, tamén é escritor de comédia, intérprete literário e produtor de eventos, e contribuiu na BAHFest West, Shipwreck SF e a Cliterary Salon.
Louis Evans é membro da SFWA e da adiada clase de Clarion West de 2020. Naceu e medrou en Manhattan e agora reside en Brooklyn. As pequenas diferéncias.