13. Apr 2024Seica o actor inglés Dev Patel, quen ven de debutar coma director co filme de terror Monkey Man, está en conversas para coprotagonizar a nova entrega da franquía dos dinosáuros da Universal Pictures. O proxecto polo de agora titula-se Jurassic City, aínda que isto tampouco está confirmado. En todo caso, e de asinar, Patel entraría no elenco xunto a Scarlett Johansson e baixo a dirección de Gareth Edwards.
03. Apr 2024A novela I Am Number Four de James Frey e Jobie Hughes podería ter unha nova adaptación ás pantallas, segundo revelou Frey mentres promovía a segunda tempada de Fright Krewe. O filme xa foi levado ao cinema en 2011 por D.J. Caruso, e aínda que colleitou moi malas críticas, foi un grande éxito nos despachos de billetes, recadando preto de 150 millóns de dólares. A nova versión podería esta vez chegar á tele, coma aconteceu coa franquía de Percy Jackson.
17. Feb 2024Un ano despois de que se anunciara o proxecto, os rumores apuntan agora a que Nicolas Cage está a negociar moi en sério a súa entrada coma protagonista da série de acción real Spider-Man Noir na Amazon Prime Video retomando deste xeito o papel que interpretou no filme de debuxos animados Spider-Man: Into the Spider-Verse. Spider-Man Noir vai sobre unha versión do home-araña maior e cano no New York dos anos 30, durante a Grande Depresión, e estará ambientada nun universo de seu.