Queres colaborar? Dez preguntas con resposta!
1. Colaboracións ocasionáis
Para colaborar cun artigo, unha reportaxe, comentário… sinxelamente escríbe-o, e mándano-lo. Nós comprometémo-nos a lér todo o que mandes, aínda que como é lóxico, reservámo-nos asemade o dereito a decidir de entre os artigos recibidos cal ten calidade abondo como para aparecer nas nosas páxinas Web.
2. Colaboracións habituáis
Se queres converter-te nun colaborador asíduo ou nun membro da nosa Redacción escribindo unha série ou unha columna, envía-nos polo menos tres artigos por adiantado, para que poidamos reservar espazo e crear unha sección fixa para ti. Deste xeito ademais poderemos xulgar mellor o teu traballo.
3. Como de longo ten que ser o artigo?
En princípio non temos límite de espazo, pero por iso de non aburrir moito aos nosos sufridos lectores, preferimos brevidade. Para un artigo ou unha columna o máximo serían unhas dúas páxinas de texto impreso, ao redor de 500 palabras. Se é mais longo, poderíamo-lo dividir en várias partes. En caso de dúbida, tí consúlta-no-lo de todos os xeitos.
4. Colaborar cun conto
Escribiches un conto, un relato, unha novela… e quererías ve-la publicada en NOVA FANTASIA? Pois sinxelamente mándano-lo. Para os contos e relatos, preferimos un máximo de 5.000 palabras, pero os máis longos tampouco os rexeitaremos: só que tardarán un pouco mais en pasar ás páxinas da revista. Ten en conta que se o conto está escrito en galego ou en portugués, non necesita tradución e polo tanto aparecerá moito antes e sen límite de espazo.
5. En que língua teño que escribir?
NOVA FANTASIA só publica material en língua galega (ou en portugués, que ven sendo o mesmo) así que se a túa colaboración está noutra língua, nós encargarémo-nos de traduci-la. Nestes intres aceptamos orixináis en español, inglés e alemán.
6. E logo canto pagades?
Ten en conta que NOVA FANTASIA non é unha revista profesional e non temos ningún tipo de ingreso. Os que facemos isto traballamos só porque estamos dacordo coa política e os obxectivos da revista, así que en consecuéncia non pagamos as colaboracións. Daquela, cal é a túa recompensa? Poder presumir e ter boa reputación persoal entre os amigos!
Note to our contributors in other languages: although we do not pay money for the contribution, the rights to the translation of your work belong to you in exclusive of course. It is just our way of thanking you for your interest and participation.
7. E a que me obrigo se colaboro?
Non moito: só debes estar disposto a contestar o correio nun prazo razoábel, tanto o noso, coma as posibles preguntas dos teus admiradores! Envíanos tamén algún comentário verbo de ti mesmo, nun arquivo separado, e/ou unha foto. Deste xeito coñecerémo-nos mellor os uns aos outros.
8. Gostaría-me colaborar, pero non sei como!
Hai moitas posibilidades abertas! En concreto, buscamos xente capaz de:
-
- Escribir comentários sobre libros, cinema, películas…
- Debuxar, tanto sobre papel coma no computador.
- Escribir sobre o mundo da música.
- Escribir relatos, contos, e mesmo poesía.
- Atopar novas sobre o mundo do xénero fantástico.
- Coñecer o rol, o cómic e outros temas lúdicos.
- Bóta-lle unha ollada ás nosas seccións na revista e pregúnta-te se ti poderías escribi-las igual ou mellor, se poderías axudar nelas, ou se tés algunha outra ideia sobre algunha sección concreta que quixeses ver e non-a das atopado. NOVA FANTASIA é tamén a túa revista. A verdade é que… facémo-la para ti!
9. Hai algunha norma que deban cumprir as colaboracións?
Coma colaborador noso, NOVA FANTASIA está obrigada a te apoiar en caso de que alguén non lle guste o que dis, así que cando se trate de novas e comentários referidos a persoas do mundo real, fíxa-te ben que todo o que escribes é certo. Tamén preferimos que os comentários sexan orixinais. E se non-o son, indíca-o facendo referéncia ao lugar de onde os quitaches.
10. Pódo-vos enviar unha nota de prensa ou un comunicado?
Naturalmente! Se a túa empresa ou a túa asociación organiza un evento, se tes algunha nova que nos contar, se coñeces novidades, concursos, publicacións, xogos… ou se tes algún fanzine ou publicación do que queiras que deamos referéncia, contacta connosco. Estamos desexando saber de ti!
Graciñas pola túa cooperación con estas directrices. É moi doado ser parte da família de NOVA FANTASIA, e queremos que te sintas orgulloso!