F.A.Q.

O FAQ

Preguntas e Respostas

(Se fas clic nunha ligazón, a páxina desprazará-se até a sección pertinente)

  1. Como contactar con NOVA fantasia?
  2. Poden-se mandar cartas ao Editor?
  3. Como poñer-me en contacto coa equipa Web de NOVA fantasia?
  4. O que debo facer se quero traballar para NOVA fantasia?
  5. A quen pertence NOVA fantasia?
  6. Onde se atopa a sede de NOVA fantasia?
  7. Como podo enteirarme das últimas novas?
  8. Cada canto tempo actualizan-se as últimas novas?
  9. Como podo recibir as novas de NOVA fantasia?
  10. Teño problemas para descargar as páxinas de NOVA fantasia
  11. Dispoñedes dalgun arquivo para consultas?
  12. Como podo obter unha cópia dos números atrasados de NOVA FANTASIA?
  13. Poden-se adquirir os CDs, fascículos, números atrasados, etc. de NOVA FANTASIA?
  14. Que navigador preciso para ver o sítio Web de NOVA FANTASIA?
  15. O que debo facer para ver as novas de NOVA FANTASIA?
  16. Que tipo de novas podo atopar no sítio web de NOVA FANTASIA?
  17. Podo descargar as novas e reportaxes de NOVA FANTASIA no meu ordenador?
  18. Como podo engadir o sítio web de NOVA FANTASIA aos meus favoritos?
  19. Como podo converter a páxina de NOVA FANTASIA na miña páxina de acceso?
  20. Podo anunciar-me nas vosas páxinas?
  21. É perigoso navegar polo website de NOVA FANTASIA?
  22. Utilizades cookies que infectan o meu computador?

1. Como podo contactar con NOVA fantasia?

Podes contactar con NOVA fantasia enviando un e-mail, por teléfone o por correio. Este é o enderezo:

E-mail: info (+ arroba) novafantasia.com

Tamén temos unha páxina especial de contactos.

Voltar ao comezo da páxina


2. Poden-se mandar cartas ao Editor?

Ao Editor e a calquera sección ou redactor de NOVA FANTASIA. Para que a tuas misivas cheguen ao enderezo axeitado, preparamos unha páxina onde che informamos do enderezo de correio electrónico axeitado para cada cousa, incluindo as cartas ao Editor, para o que debes facer constar na carta os teus dados persoais. As cartas poden enviar-se ao enderezo web cartas.director (+ arroba) novafantasia.com.

Voltar ao comezo da páxina


3. Como podo poñer-me en contacto coa equipa Web de NOVA fantasia?

Podes poñerte en contacto connosco por e-mail ou por correio.

E-mail: redaccion (+ arroba) novafantasia.com

Tamén temos unha páxina especial de contactos.

Voltar ao comezo da páxina


4. O que debo facer se quero traballar en NOVA FANTASIA?

Sentímo-lo pero NOVA FANTASIA non acepta solicitudes de emprego, porque non somos unha empresa e non podemos ofrecer-che ningún traballo. Se o que queres é colaborar de calquera xeito con NOVA FANTASIA, envíanos os teus relatos, artigos ou opinións. Admíten-se escritos en calquera normativa. Os que non estean en galego (ou portugués, xa que ambas as dúas son a mesma língua), serán traducidos polo noso gavinete de tradución. Aceptamos escritos en galego, portugués, español, inglés, holandés e alemán, así que se non te atreves a escribir en galego, non desacougues. Iso si, ten en conta que NOVA FANTASIA soamente publicará material en galego, non haberá excepcións para ninguén.

Á parte, tes unha páxina onde todo isto é explicado moito máis profundamente.

Envía o teu material por e-mail a: redaccion (+ arroba) novafantasia.com

Voltar ao comezo da páxina


5. A quen pertence NOVA FANTASIA?

NOVA FANTASIA, como sítio Web, está rexistrado a nome de Fran Morell, actual Editor e fundador da revista. Non hai accións nin cotizamos na Bolsa, pero se queres participar, podes face-lo poñéndo-te en contacto connosco.

Voltar ao comezo da páxina


6. Onde se atopa a sede de NOVA FANTASIA?

O centro de operacións de NOVA FANTASIA atópa-se en Alemaña, moi preto de Berlín.

Voltar ao comezo da páxina


7. Como podo enteirar-me das últimas novas?

NOVA FANTASIA actualiza-se as 24 horas do dia, para que non che perdas nada do que acontece polo mundo do xénero fantástico. A información de última hora poderá-la atopar na portada, organizada por seccións. Pódes-te apuntar a algunha canle RSS para estares máis ao día, pero se buscas algunha história antiga, ou non sabes en que sección pode estar localizado, o noso buscador axudará-te a atopar o que estás a procurar.

Voltar ao comezo da páxina


8. Cada canto tempo se actualizan as Últimas Notícias?

O servizo de Últimas Notícias actualiza-se as 24 horas do dia, en tempo real. Recomendamos-che que utilices o botón de relectura (Reload) do teu navegador se te conectas decote, porque o teu navegador garda na memória as páxinas que visitou e poderia mostrar-te unha versión anterior dos artigos.

Voltar ao comezo da páxina


9. Como podo recibir as novas?

NOVA fantasia non envía as novas ao teu e-mail, pero podes suscribir-te ao noso RSS doadamente, e así tí mesmo podes acceder a elas tan só facendo clic na ligazón que recibirás.

No mesmo enderezo has atopar várias canles RSS onde podes apuntar-te a recibir minuto a minuto as últimas novidades.

Voltar ao comezo da páxina


10. Teño problemas para descargar a páxina de NOVA FANTASIA

Antes de pensar se hai algún problema connosco, fíxa-te ben que non esteas tentando acceder a unha páxina que xa non existe no website. Isto pode pasar se tentas descargar algunha páxina con contido antigo (artigos atrasados que xa non están on-line, por exemplo). Nese caso, accederías a unha páxina especial, a 404, que temos preparada para estas ocasións.

Inda así, se tes problemas é seguramente porque a nosa páxina está a ser visitada por un número moi elevado de usuários ao mesmo tempo. Agarda un chisco e regresa dentro duns minutos: a túa conexión irá moito millor.

Voltar ao comezo da páxina


11. Dispoñedes dalgun arquivo para consultas?

O noso servidor Web mantén todas as novas aparecidas no resumo desde o 14 de maio de 1998. No Arquivo de NOVA FANTASIA poderás atopar todas as revistas atrasadas, e co buscador poderás localizar a información que che interesa.

Voltar ao comezo da páxina


12. Como podo obter unha cópia dos números atrasados de NOVA FANTASIA?

Con NOVA FANTASIA tes pleo acceso aos nosos arquivos de números atrasados. O que estás a procurar seguramente poderás atopa-lo nesta páxina, e se non, pon-te en contacto connosco e che enviaremos unha cópia decontado e totalmente de balde!

Voltar ao comezo da páxina


13. Poden-se adquirir os CDs, fascículos, números atrasados, etc. de NOVA FANTASIA?

Pon-te en contacto no noso enderezo de atención ao leitor e aí tomarán os teus dados persoais para che enviar o material contra reembulso. Tamén podes facer outras consultas no mesmo enderezo.

Voltar ao comezo da páxina


14. Que navegador preciso para ver o sítio web de NOVA FANTASIA?

Para visualizar correctamente o noso sítio web, podes utilizar calquera navigador moderno, coma Internet Explorer, Firefox, Opera ou Chrome. Non recomendamos a utilización de computadores nin software da empresa Apple. De calquera xeito, se coidas que hai algún fallo ou atopas algún erro ao utilizares o teu navegador favorito, por favor comuníca-te connosco e tentaremos de arranxalo decontado. Agradecerémos-che moito a túa colaboración!

Voltar ao comezo da páxina


15. O que debo facer para ver as novas de NOVA FANTASIA?

É ben doado: tan só premer nesta ligazón e xa estarás aí de contado. Pero se o que queres é suscribir-te ás novas, consulta a resposta á pregunta número 6.

Voltar ao comezo da páxina


16. Que tipo de novas podo atopar no sitio web de NOVA FANTASIA?

Podes atopar as últimas novidades no eido da fantasía, en doce seccións distintas: cómic, música, videoxogos, cinema, fans, breves… Na nosa portada has atopar sempre as novas máis recentes, de entre 10 e 15 días atá hoxe mesmo, e as novas mais antigas até 2006, cando comezamos a publicar utilizando un CMS. O resto de novas, até 1998, están xa arquivadas na súa páxina correspondente.

Voltar ao comezo da páxina


17. Podo cargar as novas no meu computador?

Dende logo que si, e animámos-te a face-lo. As páxinas das novas e reportaxes son de acceso libre e gratuito, e están publicados baixo licenza Creative Commons. Nembergantes, se a túa intención é utiliza-las para poñe-las na túa páxina ou distribui-las nalgún outro médio de comunicación, por favor consulta as nosas condicións de cópia e distribución.

Voltar ao comezo da páxina


18. Como podo engadir a páxina de NOVA FANTASIA aos meus favoritos?

Preme no teclado do teu computador as teclas Control e mais D simultáneamente.

Voltar ao comezo da páxina


19. Como podo facer de NOVA FANTASIA a miña páxina de início?

Tan só tes que facer clic neste enlace:

Fai clic aquí para converter a NOVA FANTASIA na túa páxina de início

Voltar ao comezo da páxina


20. Podo anunciar-me nas vosas páxinas?

Podes consultar as tarifas e a información sobre tamaños de anúncios e niveis de audiéncia na páxina de publicidade. Se tes algunha dúbida, envia unha mensaxe ao enderezo web publicidade (+ arroba) novafantasia.com.

Voltar ao comezo da páxina


21. É perigoso navegar polo website de NOVA FANTASIA?

Navegar polas páxinas de NOVA FANTASIA non che fará correr risco algún! Non temos publicidade abusiva, nin imos ler os teus dados persoais de xeito algún. Podes consultar a nosa política de privacidade nesta páxina para estares mais seguro. As páxinas de NOVA FANTASIA están totalmente libres de virus e son aptas para todos os públicos, maiores e cativos (ainda que estes últimos se cadra pode que non entendan todos os contidos).

Voltar ao comezo da páxina


22. Utilizades cookies que infectan o meu computador?

NOVA FANTASIA non utiliza cookies própios porque non temos necesidade de sabermos quen es para che abrir as nosas portas. Podes entrar de xeito total e absolutamente anónimo e navegar sen medo algún. O noso Aviso Legal advirte da posibilidade de que Google estea a recolleitar os teus dados, pero podes desactivar esta opción e seguir navigando por NOVA FANTASIA sen problema algún.

Voltar ao comezo da páxina