Política de privacidade

Política de privacidadeFRAN MORELL, Editor de NOVA FANTASÍA e titular dos sítios Webs novafantasia.com e novafantasia.gal, obtén a seguinte información verbo dos visitantes do noso sítio Web:

  • O enderezo IP que lles dá acceso á rede. Isto facémo-lo co obxectivo de elaborar estatísticas sobre os países e servidores que visitan máis a miúdo a nosa Web. Dous países están, de feito, vedados de acceder: Rúsia e mais a Ucraína.
  • A data e hora de acceso ao noso Web. Con isto, descubrimos as horas de máis afluéncia, e así o noso provedor pode facer os axustes precisos para evitar problemas de saturación nas nosas horas punta.
  • O enderezo de internet dende o que partiu a ligazón que dirixe ao noso Web. Por mor deste dato, podemos coñecer a efectividade dos distintos ligazóns que apuntan ao noso servidor, co fin de potenciar os que ofrezan mellores resultados.
  • O número de visitantes diários de cada páxina ou artigo. Elo permíte-nos coñecer as áreas de máis éxito e aumentar e mellorar o seu contido, co fin de que os usuários obteñan un resultado máis satisfactório.

A devandita información obtida é conservada no noso sítio Web un ano coma máximo.

Por suposto, a información obtida é totalmente anónima, e en ningún caso pode ser asociada a un usuário concreto ou identifica-lo.

A páxina do noso Web non utiliza cookies, nin própias nin de terceiros. Podes comproba-lo por ti mesmo facendo clic neste ligazón.

Tratamento dos dados de carácter persoal

FRAN MORELL, cidadán europeo de orixe galega, é o titular dos sítios Web novafantasia.com e novafantasia.gal.

De acordo coa normativa vixente en Europa en matéria de protección de dados así como en matéria de servizos da sociedade da información e de comércio electrónico, o usuário acepta que os dados persoais aportados no seu caso e facilitados voluntáriamente a NOVA FANTASÍA para o seu acceso a algúns dos servizos do website (foros, chats, concursos…), sexan incorporados a ficheiros titularidade do proprietário do sítio Web, coa exclusiva finalidade de facilitar a prestación dos servizos solicitados, para a correcta identificación dos usuários que solicitan servizos persoalizados en NOVA FANTASÍA, para a realización de estudos estatísticos dos usuários rexistrados que permitan deseñar melloras nos servizos emprestados e para a xestión de tarefas básicas de administración.

Os dados así aportados polos usuários non serán cedidos de ningún xeito a terceiros, nin vendidos en ningún caso.

NOVA FANTASÍA comprométe-se ao cumprimento da súa obriga de segredo dos dados de carácter persoal e do seu deber de trata-los con confidencialidade, e asume, a estes efectos, as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade internas necesárias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo coas normas europeas aplicábeis.

O usuário responderá, en calquera caso, da veracidade dos dados facilitados, reservándo-se NOVA FANTASÍA o dereito a excluír dos servizos rexistrados a todo usuário que facilitara dados falsos.

Calquera usuário rexistrado pode en calquera intre exercer o dereito a acceder, rectificar e, no seu caso, cancelar os seus dados de carácter persoal subministrados, mediante petición dirixida a NOVA FANTASÍA.

Eine rechtliche Version dieses Dokuments für Deutschland finden Sie hier.