Publicidade

Dado que consideramos que a publicidade en Internet está totalmente fóra de control, e que nestes intres a enorme maioría dos contidos dispoñíbeis online son xa de por si publicidade ou propaganda, NOVA FANTASIA non acepta actualmente publicidade nas súas páxinas.

Así pois, se estás a usar un ad-blocker (o cal recomendamos en calquera caso) xa estás a ver exactamente o mesmo contido que os usuários que non utilizan ad-blocker.

Se es o responsábel de comunicación da túa empresa ou asociación e queres anunciar algún evento, un novo produto ou calqueroutra novidade que coides que pode ser de interese para os nosos leitores, podes remitir-nos unha nota de prensa e nós publicarémo-la por suposto de xeito gratuíto. Naturalmente, reservámo-nos o dereito de decidir se o contido da nota de prensa é apto para publicar ou non.

E logo, póden-se facer doazóns? Que pasa se queres facer un investimento na nosa revista porque queres apoiar-nos dalgún xeito? Nese caso, agradecemos moito a intención, pero tampouco aceptamos cartos, nin públicos nin privados.