Publicidade

1. Por que anunciar-se en NOVA FANTASIA?

Fundada en marzo de 1997, NOVA FANTASIA non só é a fonte de información en galego sobre o xénero fantástico mais importante do mundo, senón que segue a ser a única. Con mais de dezaoito anos de experiéncia ás nosas costas, somos de lonxe o médio de comunicación galego mais respectado e con mais sona para calquera afeccionado á fantasía.

Enfocándo-nos mais nas novas que produce a indústria ca no cotilleo dos famosos, o noso sítio Web conta cunha masa de lectores fieis que ao longo dos anos logrou incluir a profesionais do xénero, artistas, escritores, persoas influíntes de dentro da indústria, departamentos de márketing e relacións públicas e xornalistas, que fan do noso sítio Web ún dos mais aditivos da Internet.

Mais do 90% do tráfico xerado por NOVA FANTASIA provén de internautas que teclearon directamente o noso URL no seu navegador, por médio dos marcadores ou grazas a recomendacións de artigos en Facebook e moi especialmente en Twitter, todo o cal supón unha porcentaxe moi superior á habitual do 70-75% que xeran outros sítios con grande tráfego na Rede.

Esta porcentaxe tan elevada supón na práctica que NOVA FANTASIA conta cun público estremadamente fiel, estábel e consistente, que procura información sobre o mundo do xénero fantástico en galego e mesmo en portugués, xa que mais da metade da nosa audiéncia provén do mundo lusófono. O noso público non só visita o sítio para lér nas últimas novas do xénero fantástico e as reportaxes, artigos e relatos que aparecen nas nosas páxinas, senón que é consciente e está atento á publicidade.

Todo o anterior está en consoáncia coa nosa reputación coma médio sério, afastado do sensacionalismo, obxectivo, imparcial e equilibrado.

Dentro do xénero fantástico, NOVA FANTASIA é a voz que con autoridade e experiéncia informa, analiza e dá-lle eco a toda unha chea de información que, doutro xeito, sería imposíbel atopar nun mesmo lugar, e por suposto, nunca en galego.

2. É posíbel insertar o meu anúncio en NOVA FANTASIA?

Sen dúbida. NOVA FANTASIA traballa dende primeiros de 2012 de xeito independente a publicidade de seu. Os anúncios nas nosas páxinas teñen unha audiéncia média de entre 800 e 1,200 lectores diários únicos, que comparten un altísimo grao de interese na música, o cinema, os médios, o entretimento en xeral, a moda, a cultura, os xogos e mais a comunidade.

A audiéncia de NOVA FANTASIA provén de todo o mundo, pero principalmente de Galiza e mais do mundo lusófono (Portugal e Brasil). A média de idade está entre os 13 e os 35 anos.

3. Que tipo de anúncios están dispoñíbeis?

NOVA FANTASIA ofrece tres tipos de anúncios dispoñíbeis, axustándo-nos a calquera característica técnica que sexa precisa. Podes consultar as características por médio desta imaxe que serve coma exemplo.

NOVA FANTASIA pode colaborar contigo para desenvolver a campaña mais axustada ás túas necesidades xeográficas, de audiéncia, por idades, xéneros, ingresos e mais. Dispoñemos de campañas creativas e de doada implementación á túa medida.

Obviamente, tamén comprendemos que ás veces existe un interese de algo mais que de anunciar un produto ou de procurar vendas, así que ofrecemos unha ampla variedade de opcións de patrocínios. En calquera caso, estaremos encantados de escoitar e discutir calquera ideia que poidas ter para a túa campaña en NOVA FANTASIA.

4. Onde podo acudir se quero obter mais información ou se estou interesado en anunciar-me en NOVA FANTASIA?

Todas as cuestións que queiras realizar podes face-las a través do noso enderezo de correio electrónico: publicidade (+ arroba) novafantasia.com. Estaremos encantados de atender-te de contado.