Unha quinta entrega de Indiana Jones?

864

Indiana Jones 4Nunha entrevista exclusiva á cadea Fox á que tivo acceso o noso enviado especial, George Lucas revelou que hai moi fortes posibilidades de que se rode unha quinta entrega da saga de Indiana Jones e dixo que el e mais o director Steven Spielberg deixaron a porta aberta para unha secuela de Indiana Jones e o Reino da caveira de cristal.

Lucas, engominado e cun elegante esmoquin, foi o convidado especial o pasado martes na festa da Paramount e da DreamWorks na estrea de Kung Fu Panda no 61º Festival de Cinema de Cannes. O evento tivo lugar no hotel Carlton, onde os estudos non puxeron límite ao gasto para recrutar médios de publicidade.

Lucas aproveitou para falar extensamente sobre o novo filme de Indy e sobre o futuro da saga: “Ainda non falei para nada con Steven nin Harrison disto“, dixo. “Pero teño a ideia de facer de Shia LeBeouf o persoaxe central para a seguinte vez e que Harrison Ford regrese tal e coma fixo Sean Connery no anterior filme. Coido que funcionará“.

E non é que Harrison vaia vello. Quero dicir, ten 65 anos e fixo de todo neste filme. A vella química está aí, e non parece un vello. É incríbelmente áxil, está millor mesmo que hai 20 anos, se mo preguntas“.

Lucas dixo que non está acougado polas críticas non demasiado positivas que xa colleitou o seu novo filme antes da estrea: “Esta película é exactamente a mesma experiéncia que as outras tres. A diferencia é que xa non hai novidade polo descobremento. Preocuparei-me cando escoite aos fans dicindo que agardan algo diferente que mude as súas vidas. Isto é Indiana Jones xuto coma o lembrábades“.

Lucas xa estivo antes nesta situación, cando reviviu e extendeu a saga da Guerra das Galáxias. A reconstrución da cuarta entrega (logo chamada Episódio 1), A ameaza pantasma, orixinou moitas críticas até que acadaron un nivel tal que foron reabsoridas e os tres novos episódios foron un grande éxito.

E ademáis, se a Caveira de Cristal acada bós récords cando se estree o vindeiro día 22, Lucas poderá ver o seu nome asociado a un cuarto título no top-ten dos filmes máis billeteiros de toda a história (e sería o segundo de Spielberg).