Éxito de Brisingr

648

Brisingr, o terceiro volume do ciclo fantástico A Herdanza de Christopher Paolini, vendeu 550.000 exemplares no seu primeiro día de lanzamento nos Estados Unidos, que foi o pasado 20 de setembro, o que o convirte no récord de vendas máis salientábel da editorial Random House. Paolini ten previsto escribir unha cuarta entrega da súa saga para remata-la, pero ainda non hai data de publicación prevista.