A Columbia dá-lle cancha aos Deryni

575
Deryni Rising
Deryni Rising

A Columbia Pictures ten a intención de adaptar o clásico libro fantástico de Katherine Kurtz Deryni Rising á pantalla grande.

Os estudos veñen de se facer cos dereitos sobre esta saga grazas a un guión escrito por Alex Sabeti. Jimmy Miller será o produtor a través da súa empresa, a Mosaic.

Deryni Rising (O Rexurdir dos Deryni) é unha novela histórica fantástica publicada por primeira vez en 1970 e que serviu para lanzar o mundo máxico do Reino de Deryni, que case 40 anos despois xa comprende cinco triloxías e unha manchea de contos e libros de referéncia.

A novela está ambientada na terra de Gwynedd, ún dos Once Reinos da ficción. Gwynedd é un reino medieval semellante ás illas británicas do século XII, cunha poderosa Ingrexa (baseada na igrexa dos católicos romanos), e un governo feudal dirixido por unha monarquía hereditária. A povoación de Gwynedd inclúe a humáns e Derynis, unha raza de xente con poderes psíquicos e máxicos que foi evitada e perseguida durante séculos. O libro ten lugar case por enteiro na capital do reino, Rhemuth, e trata da loita do xoven príncipe Kelson Haldane para se asegurar o trono ante as maquinacións dun usurpador Deryni.