Velma pasa das críticas

340

VelmaA série de debuxos animados para adultos da HBO Max Velma, unha precuela que ofrece unha nova versión dos protagonistas da clásica Scooby-Doo dos anos 60, foi recibida con críticas estremas por parte dos fans, até o punto de se converter na peor cualificada da história. Pero no tocante ao número de espectadores, a realidade é ben distinta: após das críticas, Velma gañou un 127% de audiéncia nunha semana, subindo ao número dous dos programas mais vistos nos servizos de pago, o que é 37 veces mais cá média da cadea, e poñendo-se só por atrás de Wednesday na Netflix.