EN BREVE 04. May 2024 No decurso dunha rolda de preguntas na convención CCXP de México, Giancarlo Esposito (The Mandalorian , The Boys ) ven de confirmar que se unirá ao Universo Cinemático da Marvel (MCU). Aínda que non desvelou o seu papel, dixo que será algo novo, así que non será nin o profesor X nin Kang, coma agardaban os fans, que a súa aparición chegará axiña, e que é "mellor do que poidades imaxinar ".
10. Apr 2024 A HBO ven de cancelar o desenvolvemento do seu agardado spin-off da série Game of Thrones que ía estar centrado no persoaxe de Jon Snow, interpretado por Kit Harington . O mesmo Harington revelou que non había unha boa história que contar: "Actualmente, non paga a pena face-lo. Está fóra da mesa, porque non puidemos atopar a história axeitada que contar e pola que estiveramos emocionados ".
06. Apr 2024 A NBC ven de cancelar a série Quantum Leap , ao optar por non producir unha terceira tempada, tan só un mes despois de que rematase a segunda cun episódio especial de dúas horas. Protagonizada por Raymond Lee , este relanzamento do clásico dos anos 90 produciu-se baixo duras condicións (primeiro a pandémia, logo as folgas) e rematou pechando moitas das súas interrogantes, pero deixando a porta aberta a un novo paradigma no seu episódio final.