A Toupeira nos Catro Fantásticos

825

Tim Blake Nelson está a negociar a súa incorporación o reparto do vindeiro filme de Josh Trank, o relanzamento dos Catro Fantásticos pola 20th Century Fox.

Nelson interpretaría a Harvey Elder, un científico excéntrico e socialmente zoupón que ademais é Mole Man (a Toupeira), o líder dun grupo de monstros subterráneos coñecidos coma os Moloides.

Mole Man non aparecerá neste filme, pero a súa escea servirá coma presentación do persoaxe para unha posíbel segunda parte no que se lle vexa coma un superfalcatruán.

Esta non é a primeira vez que Nelson está nesta mesma posición nun filme da Marvel. En 2008 en The Incredible Hulk interpretou a Samuel Sterns, un científico tolo que aparece mutando na súa derradeira escea, o que podería servir para regresar no papel do superfalcatruán coñecido coma O Líder.

Miles Teller, Jamie Bell, Kate Mara, Toby Kebbell e Michael B. Jordan son os outros protagonistas de Fantastic Four, un relanzamento que comezará a se producir axiña.