A espada de Skywalker por 180.000 euros

751

lukeA famosa espada láser de Luke Skywalker, o xoven protagonista da saga A Guerra das Galáxias foi poxada por 180.000 euros.

A casa de poxas de Hollywood Profites in History organizou onte a poxa, que finalmente gañou un fan do universo fictício criado por George Lucas.

Concretamente, trata-se da espada láser que utilizou o actor Mark Hamill nas duas primeiras entregas da saga, A Guerra das Galáxias e O Império contraataca.

A arma pertencia até agora a Gary Kurtz, ún dos produtores dos dous primeiros filmes, e vai acompañado dunha carta de autenticidade asinada polo produtor.

Os seguidores de Star Wars tamén poxaron por un fragmento da mítica estación espacial Estrela da Morte, asi como polo casco e as mans utilizadas polo actor Anthony Daniels para encarnar ao robot C-3PO.

As reliquias cinematográficas son unha das especialidades desta casa de poxas que tamén puxo á venda o látigo de Indiana Jones e o vestiário usado por Marlon Brando en Superman.