O poltergeist da Blumhouse

836

A Blumhouse Television adaptará para a tele o podcast The Battersea Poltergeist nunha série que se titulará Blumhouse’s Ghost Story.

Os estudos propiedade de Jason Blum están asemade a preparar unha série de acompañamento improvisada ou sen guión. Tamén se adquiriron os dereitos da vida de Shirley Hitchings, así coma os do libro The Poltergeist Prince of London, que escribiu xunto a James Clark.

O podcast orixinal, que obtivo mais de tres millóns de descargas ao mes, documenta os supostos sucesos que se produciron ao redor de Hitchings en 1956 e que foron investigados ao longo dun periodo de doce anos, a aparición dun poltergeist mais longa documentada da história.

A série guionizada será unha coprodución entre a Blumhouse e a BBC, que encargou o podcast. O obxectivo é lanzar unha franquía rendíbel e mais unha posíbel antoloxía que explore várias histórias de pantasmas.

Blum, Danny Robins, Michael Seitzman, Jeremy Gold e Chris McCumber serán os produtores executivos.