Comeza a adaptación dos Crononautas

937

A Universal Pictures ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre Chrononauts, a minisérie de cómic de aventuras no tempo creada por Mark Millar (Kick-Ass) e mais o debuxante Sean Gordon Murphy e publicada pola Image Comics.

A história vai sobre dous compañeiros, un par de xénios científicos que viven unha aventura viaxando no tempo, nunha era na que explorar o tempo é coma explorar o espazo, todo emitido en directo pola televisión

O primeiro paso do home viaxando ao pasado será prantar unha bandeira americana no chan xusto antes de que Cristóbal Colón chegue, pero todo sairá terríbelmente mal e os dous protagonistas ficarán atrapados na corrente do tempo mentres tentan voltar a casa.

O guionista de Fast Five, Chris Morgan, será o produtor, mentres ca Millar e Murphy serán os produtores executivos.