Lee procura actores en Pi

614

Life of PiO realizador Ang Lee estivo recentamente en Mombai (Índia) na procura de actores para interpretar a vários persoaxes no filme que adaptará ao cinema a novela supervendas de Yann Martel Life Of Pi.

Segundo a prensa local, os actores Sushant Singh e Sonu Sood participaron en audicións para facer o papel de pai de Pi, mentres que Tabu (The Namesake, Phir Hera Pheri) xa tería confirmada a súa aparición no filme no papel da nai de Pi.

O debutante Suraj Singh fora confirmado anteriormente para o papel protagonista desta aventura fantástica sobre un neno que viaxa nun bote salvavidas polo océano en compañía de diversos animais.

Lee e mais o seu director de reparto estiveron reunidos hai uns días para revisar a lista dos nomes dos posíbeis candidatos. A rodaxe está prevista para escomezar en xaneiro en Pondicherry, no suleste da Índia.