Outro Jeckyll & Hyde na ABC

725

A canle de televisión ABC ven de mercar os dereitos de Jekyll & Hyde, unha segunda série dramática baseada na obra de Robert Louis Stevenson The Strange Case of Dr. Jekyll and Mr. Hyde.

Esta versión provén do guionista de The Sorcerer’s Apprentice, Matt Lopez e da produtora Mark Gordon Co. e segundo afirman é unha “nova narración escura, romántica e de suspense do clásico relato cun xiro especial de ciéncia-ficción“. Este xiro podería consistir nalgún tipo de relación coa clonación.

Ambientada na moderna San Francisco, a história céntra-se nunha psicóloga criminal que é arrastrada ao misterioso mundo dun brillante pero inhibido científico e do seu volátil alter ego.

Este série non debe confundir-se con Hyde, a versión de Sheldon Turner que a mesma canle mercou a semana pasada. Nesoutra versión, Jekyll é un médico de emerxéncias cuxa dobre persoalidade se manifesta cando está durmido.

Ambas séries serán versións modernas da história, cuxa adaptación mais recente foi nunha minisérie inglesa de 2007 titulada Jekyll e protagonizada polo protagonista de Doutor Who Steven Moffat.