O caderno mortal

727

Shane Black (Arma Letal), considerado ún dos guionistas pioneiros no xénero de acción, ven de asinar o contrato polo que se compromete a dirixir a adaptación ao cinema do título de manga Death Note na Warner Bros. Pictures.

Death Note é unha serie manga escrita por Tsugumi Ohba e ilustrada por Takeshi Obata que foi publicada pola revista semanal Shonen Jump de xaneiro de 2004 a maio de 2006, totalizando 108 capítulos compilados en 12 volumes. A história vai sobre Raito Yagami (Light, na versión internacional), un alumno exemplar que atopa un caderno que causa a morte á persoa cuxo nome for escrito nel.

Pero cando o estudante comeza a usar o seu recén descuberto poder para librar ás rúas de criminais, comeza a ser perseguido por un criminólogo do FBI. O título xa deu orixe a dúas longametraxes e séries de televisión.

Anthony Bagarozzi e Charles Mondry están a escriir actualmente o guión e Black dixo que o seu obxectivo é achegar-se o mais posíbel á complexidade e á espiritualidade do manga orixinal, no canto de “tentar copia-lo coma un thriller americano“.